Horarios/Sancions
Patrocinadores
Buscar Articulo
SD Arrabaldo
FUTBOL: TAMEN SABEN SUFRIR PARA GAÑAR
O equipo Senior tamén sabe sufrir para gañar, algo moi importante é que os nosos “maiores” consigan os puntos xogando contra equipos que “RASCAN”, nesta ocasión así foi, os puntos quedaron en Santa Cruz despois dun partido moi duro, sin xuego e con moita forza.
FUTBOL: GAÑARON OS DOUS EQUIPOS XUVENÍS
GRAN VICTORIA DO XUVENIL B, ASI COMO ESCANDALOSA A VICTORIA DO XUVENIL A. O Seixo viu en directo e celebrou por todolo alto a victoria do Xuvenil B, esta e a segunda victoria conquerida por este equipo no que vai de liga e desde logo tiña ben merecida, o outro Xuvenil pasou por Oira sen despeinarse ante un Cid. de Ourense descomposto en todas suas líneas.
FUTBOL 7: ALEVINS
Os resultados obtidos polos nosos alevins, foron dispares, os de Fabian gañaron no campo dos Carris e os de Pablo sucumbiron ante o segundo clasificado o Calasancio B.
FUTBOL 7: EQUIPO BENXAMÍN GAÑALLE O LEMOS
Os benxamíns gañaron un partido complicado, ante o terceiro clasificado, por un claro 5-0, mentras que o equipo benxamín B púxollo moi difícil ó líder, Ponte, ó descanso ian 1-1, para rematar perdendo por un claro 1-7.
Os Cadetes clasificanse entre os 5 primeiros
Importante victoria do equipo cadete sobre o Ribeiro, que consigue a clasificación para xogar a liga dos mellores equipos cadetes da provincia. Os Infantís ian ó Miguel Angel, xogar contra o Pabellón C, e sairon derrotados por un 5-3, resultado que nos corta a racha de resultados positivos deste equipo.
FUTBOL: Noraboa a todolos equipos do Arrabaldo
Noraboa os responsables da Comisión deportiva (Pablo e Alfonso) e os adestradores: Sueco, Morenza, Dacal e Mazorra. Consideramos oportuno facer este análise dos resultados obtidos polos equipos de fútbol pertencentes a este club no que vai de tempada. O equipo senior está loitando polo titulo de liga, mentras que o resto de equipos Xuvenil, Cadete e Infantil están loitando por meterse entre os 5 primeiros de cada categoría. Incluso o xuvenil B está conseguindo os obxectivos que nos marcamos, formar xogadores para o primeiro equipo, sobre todo de cara a próxima tempada.
FUTBOL 7: Alevís e benxamíns seguen gañando
O equipo alevín de Fabian Yebra, conqueriu unha importante victoria ante o Arrabaldo B por un claro 6-0. Os benxamíns adestrados por Ciqui, tiveron un rival moi forte e complicado no Peroxa a quen gañaron ó final por un 5-1. O equipo benxamín B perdeu en Nogueira por un claro 8-2. Os máis cativos, tamén perderon en Velle por un 4-1.
INFANTIS GAÑARON E CADETES PERDERON
Os cadetes perderon de forma clara en Salesianos contra un forte Ourense B por 5-1. O equipo infantil segue a colleitar resultados positivos o que fai que sigan na loita polo 5ª posto da clasificación. Foron moi superiores ó Arenteiro e gañaron 6-0.

